Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Actividades de xullo no Espazo Xuvenil O Remanso

O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de xullo. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 13/07/2024 hasta el 27/07/2024

Dirección:

Espazo Xuvenil O Remanso. A Coruña

Requisitos:

Idades: de 12 a 30 anos

Contacto:

Espazo Xuvenil O Remanso 

Avda. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña

Tel.: 621 183 038

Documentos:

Autorización para menores nas actividades do Remanso (PDF) (21 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil O Remanso
  • 621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles un ollo a continuación:

  • 13/07/2024 das 18.00 a 20:00 h. I Triatlón de Xogos de Mesa: Halli Galli, Virus e 5Alive. Tres xogos, tres partidas e 15 participantes. Alguén será capaz de facer o pleno e sorprender a todo O Remanso? Veremos! É necesaria a inscrición.
  • 20/07/2024 das 19.00 ás 21.00 h. Creando con soft clay: Neste obradoiro creativo vaise deseñar e modelar as vosas propias figuriñas. Crearedes uns colgantes con moita vida, aproveitando as cores vibrantes desta coñecida arxila lixeira. É necesaria a inscrición.
  • 26/07/2024 das 18.00 ás 20.00 h. De leria!: De parola, de lapexada, de cháchara... chámao como queiras, pero esta tarde no Remanso...andamos de leria! Coa inspiración do formato PechaKucha, invítante a compartir esa historia misteriosa, esa viaxe ou experiencia apaixoante, esa idea divertida ou sorprendente. 20 diapos, 10 minutos.Serás quen de captar a atención do público?. É necesaria a inscrición.
  • 27/07/2024 das 18.00 ás 20.00 h. Decora a túa camiseta: Obradoiro no que explorar materiais e técnicas cos que decorar as vosas camisetas. Trae a túa idea, que eles xa poñen os rotuladores e os pincieis!. É necesaria a inscrición.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión