Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
Prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo
CRD A Coruña.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para alumnado que no curso académico 2024/25 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.
A quién va dirigido:
Para público en general
Inscripciones:
Alumnado de bacharelato: do 21 de xuño ao 19 de xullo de 2024 (incluído). Alumnado de FP do 21 de xuño ao 2 de agosto de 2024 (incluído).
Duración:
O período de funcionamento dos centros residenciais docentes coincidirá co calendario escolar.
Requisitos:
Persoas matriculadas en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes dos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.
Non repetir curso nin ter abandonado o curso iniciado. Non obstante, o alumnado que non progresou ao curso seguinte ou abandonou o curso iniciado poderá presentar solicitude de praza de residencia unha única vez máis para cursar un estudo distinto. Excepcionalmente, por causas debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da inspección educativa, para que poida continuar no centro residencial malia repetir o mesmo curso ou retomar o abandonado.
Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia.
A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo que:
Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar a que pertenza.
E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá eximir, de forma motivada, do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e dos informes que se consideren oportunos.
As solicitudes valoraranse conforme criterios socioeconómicos e de rendemento académico. Os criterios socioeconómicos abranguen: composición da unidade familiar, orfandade ou calquera outra situación familiar especial; número de habitantes do lugar de residencia da unidade familiar e renda da unidade familiar. A renda da unidade familiar que se terá en conta é a do exercicio fiscal 2022 e obterase pola suma das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza.
Remuneración / Dotación:
A adxudicación de praza de residencia será gratuíta cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 201/2024, do 27 de febreiro, do Ministerio de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2024/25, e cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar, anualmente, as seguintes cantidades:
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED306A
O día 22 de agosto de 2024 publicaranse a través da páxina web da Consellería e do taboleiro de anuncios ou da páxina web do respectivo centro residencial:
A listaxe provisional de persoas admitidas, que indicará a puntuación total por orde descendente e a correspondente a criterios socioeconómicos e ao rendemento académico.
A listaxe provisional de persoas excluídas, que indicará a causa da exclusión.
As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a Comisión de Valoración no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
O día 30 de agosto de 2024 publicaranse conxuntamente a través da páxina web da Consellería e do taboleiro de anuncios ou da páxina web do respectivo centro residencial:
A listaxe definitiva de todas as persoas admitidas indicando a puntuación total por orde descendente, e a correspondente a criterios socioeconómicos e ao rendemento académico.
A listaxe definitiva de persoas excluídas, que indicará a causa da exclusión.
A listaxe de persoas adxudicatarias, que indicará o nome e apelidos e o centro en que estean matriculadas.
A listaxe de suplentes, coas persoas admitidas que, estando matriculadas, no obteñan praza, seguindo a orde de prelación que resulte da súa puntuación definitiva.
Cando, feita a adxudicación de prazas en período ordinario, sigan existindo prazas vacantes, o centro residencial abrirá un prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 2 e o 6 de setembro de 2024, ambos incluídos.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible