Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
Cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) e cursos de linguaxe administrativa galega
A Dirección Xeral de Formación Profesional, convoca con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua
galega (Celga), para o curso 2024/25, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
A quién va dirigido:
Para público en general
Inscripciones:
Desde o día 1 ata o 12 de xullo de 2024, para os cursos do primeiro cuadrimestre.
Desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre.
Precio:
Gratuíto.
Requisitos:
Características dos cursos Celga
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral da Lingua para certificar a súa competencia en lingua galega.
As persoas solicitantes destes cursos poderán facer unha única solicitude de inscrición por cuadrimestre con tres preferencias priorizadas de grupos. En caso de adxudicación de praza en máis dun curso, a/o alumna/o deberá optar por un só curso nunha soa escola.
Oferta na EOI da Coruña:
Celga 3: setembro - decembro 2024
Celga 4: febreiro - maio 2025
Duración: 60 horas presenciais.
Características dos cursos de linguaxe administrativa galega
Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos a empregadas/os públicas/os da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o persoal sanitario, non entendendo por tales os empregados públicos da escala de saúde pública e administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible