A área de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña e o Observatorio de Dereitos Lingüísticos da Mesa pola Normalización Lingüística celebran, na biblioteca provincial da Coruña, unha intensa xornada de debate arredor das posibilidades de litigación estratéxica como vía de avance para os dereitos lingüísticos.
Para público en general
23/11/2024
de 10:00-14:00h e de 16:00-19:00h.
de balde.
Necesaria inscrición previa nun formulario on-line na web da Mesa.
Deputación da Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2. 15003- A Coruña
tel: 981 080 300
Mesa pola Normalización Lingüística
R/ García Prieto, 7. 15706- Santiago de Compostela (A Coruña)
tel: 981 563 885
e-correo: amesa@amesa.gal
Lugar: Biblioteca Provincial da Coruña R/ Rego de Auga, 37. 15001- A Coruña
A deputada de Lingua, Soledad Agra, abrirá a xornada ás 10 da mañá. Seguirá unha disertación do avogado Xoán Antón Pérez Lema sobre os desafíos e oportunidades da litigación estratéxica pola lingua, unha relatoría do avogado Benet Salellas i Vilar sobre as finalidades e os obxectivos lexítimos previstos polo TEDH e a xurisprudencia do TXUE para as linguas minorizadas e pechará a mañá o profesor de dereito na Universidade do País Vasco Iñigo Urrutia falando sobre a ofensiva xudicial contra o Euskera.
Pola tarde, o profesor de dereito da UDC Carlos Amoedo Souto disertará sobre o galego e a contratación pública, antes da conversa entre os avogados Elsa Quintas, Miguel Vieito e Cristina Fernández sobre litixios pola lingua. Quintas, vicepresidenta da Mesa, intervirá tamén no panel sobre Ferramentas sociais para a defensa dos dereitos lingüísticos, xunto con Rut Carandell (Plataforma per la llengua) e Agurne Gaubeka (Hizkuntz Eskubideen Behatokia). Finalmente, exporanse as liñas de actuación do Observatorio de dereitos lingüísticos e as conclusións da xornada e clausurarase o día cunha homenaxe ao xurista e avogado Nemesio Barxa.
Los días 21/02/2025 a las 08:30 , 14/03/2025 a las 08:30
Desde el 27/01/2025 hasta el 31/01/2025
Desde el 21/11/2024 hasta el 04/12/2024
Desde el 17/01/2025 hasta el 20/01/2025
Hasta el 02/12/2024
(novo prazo)
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible