Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Admisión a Formación Profesional Dual Intensiva, curso 2024/2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional publica a oferta e prazos de ciclos de Formación Profesional Dual Intensiva.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Desde el 24/06/2024 hasta el 04/07/2024

ás 13:00 horas.

Requisitos:

Nota: débense realizar os trámites coa aplicación informática nun ordenador. Non é recomendable empregar un móbil. Os centros con oferta de FP sostida con fondos públicos teñen á disposición do alumando ordenadores, impresoras e asesoramento.

Antes de iniciar o proceso consulta atentamente:

REQUISITOS DE ACCESO:

  • - Ter 18 anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo. 
    • Nota: Nos ciclos con prazas dispoñibles poderase matricular alumnado maior de dezaseis años, sempre que a empresa que participa na súa selección asine un documento no que manifeste que é coñecedora da idade do alumno ou da alumna.
  • - Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos.
  • Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • - Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • - Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Página web:

www.edu.xunta.gal/fp

Contacto:

Departamento de orientación de calquer centro público de Galicia con oferta de FP.

Servicio de xestión de FP:

Tel: 881 997 408 / 881 996 559 

E-correo: admision.ciclos@edu.xunta.gal

Oferta de prazas en ciclos formativos na formación profesional dual para o curso 2024-2025: www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp

  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp. A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida teña que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual intensiva sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.De ser necesaria a entrega, xunto coa documentación, nun centro educativo, poderase presentar a solicitude, cuberta mediante o asistente informático e asinada, en sobre aberto en calquera oficina de Correos de España, para ser remitida por correo certificado co selo de Correos coa data de entrega, lugar, hora e nome da oficina (artigo 31 do Real decreto 1829/1999), e a persoa solicitante pedirá explicitamente que se fagan constar as circunstancias do envío, logo da comparación co documento de identidade, segundo o referido artigo. A solicitude irá dirixida ao centro onde se ofreza o ciclo de FP dual intensiva para o que solicita a admisión. A documentación presentada que non sexa orixinal deberá estar compulsada; tamén se deberá incluír unha copia simple do documento de identidade
  • DOCUMENTACIÓN. A solicitude de admisión deberá ir acompañada da seguinte documentación:
    • DNI ou NIE. Cando non se dispoña del, copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea.
    • No caso de non ter realizados os estudos na Galicia, certificación académica dos requisitos de acceso.
    • Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo: https://europa.eu/europass/es/create-europass-cv
  • ​​PARTICIPACIÓN NOUTROS PROCESOS DE ADMISIÓN DE FP:
    • As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e nos cursos de especialización de FP.
    • As persoas admitidas (seleccionadas) para un proxecto de FP dual intensiva quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas e nos cursos de especialización de FP.
    • No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún proxecto de FP dual intensiva poderán continuar no proceso de admisión a ciclos formativos e a cursos de especialización.

Calendario de admisión:

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 24 de xuño até o 4 de xullo ás 13:00 horas.
  • Publicación da relación provisional de persoas solicitantes: 8 de xullo.
  • Reclamación contra a relación provisional de persoas solicitantes: do 8 de xullo ás 9:00 h ao 10 de xullo ás 13:00 horas.
  • Publicación da relación definitiva de persoas solicitantes: 12 de xullo.
  • Os centros e as entidades colaboradoras realizarán as entrevista e a selección de persoal desde o día 8 ao 12 de xullo ás 12:00 horas.
  • Publicación da relación de persoas admitidas e en espera: 15 de xullo.
  • Período de matrícula para persoas admitidas: do 16 ás 9:00h ao 24 de xullo ás 13 horas.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión