Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Admisión a Formación Profesional Dual Intensiva, curso 2024/2025
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional publica a oferta e prazos de ciclos de Formación Profesional Dual Intensiva.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 24/06/2024 ata o 04/07/2024
ás 13:00 horas.
Requisitos:
Nota: débense realizar os trámites coa aplicación informática nun ordenador. Non é recomendable empregar un móbil. Os centros con oferta de FP sostida con fondos públicos teñen á disposición do alumando ordenadores, impresoras e asesoramento.
- Ter 18 anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
Nota: Nos ciclos con prazas dispoñibles poderase matricular alumnado maior de dezaseis años, sempre que a empresa que participa na súa selección asine un documento no que manifeste que é coñecedora da idade do alumno ou da alumna.
- Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos.
- Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
- Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
- Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp. A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida teña que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual intensiva sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.De ser necesaria a entrega, xunto coa documentación, nun centro educativo, poderase presentar a solicitude, cuberta mediante o asistente informático e asinada, en sobre aberto en calquera oficina de Correos de España, para ser remitida por correo certificado co selo de Correos coa data de entrega, lugar, hora e nome da oficina (artigo 31 do Real decreto 1829/1999), e a persoa solicitante pedirá explicitamente que se fagan constar as circunstancias do envío, logo da comparación co documento de identidade, segundo o referido artigo. A solicitude irá dirixida ao centro onde se ofreza o ciclo de FP dual intensiva para o que solicita a admisión. A documentación presentada que non sexa orixinal deberá estar compulsada; tamén se deberá incluír unha copia simple do documento de identidade
DOCUMENTACIÓN. A solicitude de admisión deberá ir acompañada da seguinte documentación:
DNI ou NIE. Cando non se dispoña del, copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea.
No caso de non ter realizados os estudos na Galicia, certificación académica dos requisitos de acceso.
PARTICIPACIÓN NOUTROS PROCESOS DE ADMISIÓN DE FP:
As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e nos cursos de especialización de FP.
As persoas admitidas (seleccionadas) para un proxecto de FP dual intensiva quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas e nos cursos de especialización de FP.
No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún proxecto de FP dual intensiva poderán continuar no proceso de admisión a ciclos formativos e a cursos de especialización.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible