Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Xogos de mesa nas Bibliotecas Municipais

Este novembro, coincidindo co #InternationalGamesMonth, a Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña inaugura unha nova colección de xogos de mesa e presenta o seu plan de xogos. Este novo plan ten como obxectivo ampliar a oferta para as persoas usuarias e atraer outras, especialmente mozos e mozas, e transformar a biblioteca nun espazo para xogar en comunidade, desenvolver habilidades e aprender cousas novas.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 11/11/2024

Precio:

de balde

Página web:

www.coruna.gal

Contacto:

Bibliotecas Municipais da Coruña

correo-e.: bibliotecas@coruna.gal

www.coruna.gal/bibliotecas

Este novo servizo dividirase en 2 Fases:

FASE I (de novembro a decembro), que incluirá:

a) Sesións de Presentación: serán realizadas por monitores especializados de Metrópolis Cómics e estarán abertas a un máximo de 16 participantes por sesión, con inscrición previa a través da web www.coruna.gal/bibliotecas

  • Biblioteca Ágora: 11, 18 e 25 de novembro e 2 e 9 de decembro ás 18.00 h.
  • Biblioteca Durán Loriga: 12 e 26 de novembro e 4, 10 e 20 de decembro ás 18.00 h.
  • Biblioteca Fórum Metropolitano: 15, 22 e 29 de novembro e 5 e 13 de decembro ás 18.00 h.
  • Biblioteca Rosales: 23 e 30 de novembro e 14 de decembro ás 11.00 h.

b) Actividades de Xogo en Sala: días de xogo libre nos que non será necesaria a inscrición.

  • Biblioteca Ágora: 15, 22 e 29 de novembro e 5, 13 e 20 de decembro de 17.00 a 20.00 h. 
  • Biblioteca Durán Loriga: 15, 22 e 29 de novembro e 13 e 27 de decembro de 17.00 a 20.00 h.
  • Biblioteca Fórum Metropolitano: 20 e 26 de novembro e  3, 10 e 18 de decembro de 17.00 a 20.00 h.
  • Biblioteca Rosales: 25 de novembro e 2 e 16 de decembro de 17.00 a 20.00 h.

c) Servizo de Préstamo de xogos de mesa: iniciarase o 21 de decembro (cada persoa socia levar un xogo por carné) 

FASE II (desde xaneiro): incluirá novas actividades gratuítas programadas regularmente para consolidar a oferta e un día fixo á semana en cada biblioteca para as sesións de xogo libre, que serán os seguintes días: 

  • venres de 17.00 a 20.00 h.: Bibliotecas de Ágora, Durán Loriga e Fórum Metropolitano
  • sábados de 10.30 a 13.30 h.: Biblioteca Os Rosales

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión