Este novembro, coincidindo co #InternationalGamesMonth, a Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña inaugura unha nova colección de xogos de mesa e presenta o seu plan de xogos. Este novo plan ten como obxectivo ampliar a oferta para as persoas usuarias e atraer outras, especialmente mozos e mozas, e transformar a biblioteca nun espazo para xogar en comunidade, desenvolver habilidades e aprender cousas novas.
Para público en xeral
Dende o 11/11/2024
de balde
Este novo servizo dividirase en 2 Fases:
FASE I (de novembro a decembro), que incluirá:
a) Sesións de Presentación: serán realizadas por monitores especializados de Metrópolis Cómics e estarán abertas a un máximo de 16 participantes por sesión, con inscrición previa a través da web www.coruna.gal/bibliotecas
b) Actividades de Xogo en Sala: días de xogo libre nos que non será necesaria a inscrición.
c) Servizo de Préstamo de xogos de mesa: iniciarase o 21 de decembro (cada persoa socia levar un xogo por carné)
FASE II (desde xaneiro): incluirá novas actividades gratuítas programadas regularmente para consolidar a oferta e un día fixo á semana en cada biblioteca para as sesións de xogo libre, que serán os seguintes días:
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 14/03/2025 ás 08:30
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible