38 resultados
Hasta el 02/05/2025
RTVE, con la colaboración de la Fundación Montemadrid, convoca el XVII Premio de Poesía Joven para autores que no tengan más de 30 años en la fecha de cierre de la convocatoria.
Hasta el 01/05/2025
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña convoca a edición 2025 do concurso "#140enpositivo" de mensaxes positivas e palabras de ánimo e apoio para compartir e animar a persoas de diferentes idades.
Hasta el 10/04/2025
ata as 14.00 h.
Coa intención de incentivar a creación literaria en lingua galega no campo teatral, que constitúe unha das expresións artísticas con maior incidencia social, e en lembranza do xenial escritor e dramaturgo rianxeiro, a Deputación Provincial da Coruña convoca con carácter bienal o XXII Premio "Rafael Dieste" de Textos Teatrais.
Hasta el 10/04/2025
ata as 14.00 h.
Coa vontade de fomentar a creatividade literaria dirixida ao mundo dos máis pequenos e de facer memoria desta personaxe de lenda vinculada ás terras de Compostela, a Deputación Provincial da Coruña convoca o XIX Premio "Raíña Lupa" de literatura infantil e xuvenil.
Hasta el 10/04/2025
ata as 14.00 h.
Co ánimo de contribuír a acrecentar a calidade fabuladora e a creatividade das nosas escritoras e escritores, e coa vontade de homenaxear ao ferrolán Gonzalo Torrente Ballester, a Deputación Provincial da Coruña convoca os XXXVII Premios Internacionais "Torrente Ballester" de narrativa en lingua castelá e de narrativa en lingua galega.
Hasta el 10/04/2025
ata as 14.00 h.
Na liña de apoio á creación artística que leva a cabo a Deputación da Coruña e en homenaxe a este polifacético e gran creador galegoa Sección de Educación e Cultura da Deputación Provincial convoca con carácter bienal o XIX Certame de arte "Isaac Díaz Pardo".
Hasta el 10/04/2025
ata as 14.00 h.
Na liña de apoio á creación artística que leva a cabo a Deputación da Coruña, así como en recoñecemento ao labor realizado pola Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos e o seu fundador Jesús Núñez, a Sección de Educación e Cultura da Deputación Provincial convoca o XX Premio Internacional “Jesús Núñez” de arte gráfica.
Hasta el 10/04/2025
ata as 14.00 h.
Tendo en conta a significación do colectivo que traballa na creación en banda deseñada en Galicia, que é considerado o máis importante do panorama estatal, a Deputación da Coruña, sensible á significación que está a ter este sector da cultura galega, convoca o XX Premio "Castelao" de Banda Deseñada.
Hasta el 30/04/2025
Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.
Hasta el 15/06/2025
A Casa-Museo Manuel María convoca o cuarto Concurso Manuel María de Composicións Musicais, o cal ten por obxecto premiar a mellor canción lírica, para voz e piano, escrita sobre un poema de Manuel María.
resultados 38
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible