Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Oferta educativa de ESO y Bachillerato (por modalidades) en A Coruña

NORMATIVA:

  • LEI Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE) (Texto consolidado)
  • LEI Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE) (BOE 10-12-2013)
  • DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 29-06-2015)

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA 

A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) xunto á Educación Primaria conforma o ensino básico, obrigatorio e gratuíto do sistema educativo.

Organización: 

Catro cursos académicos (1º, 2º, 3º y 4º de ESO) estructurados en dous ciclos:

  1. Primer ciclo: comprende os tres primeiros cursos (1º, 2º e 3º ESO)
  2. Segundo ciclo: comprende o último curso (4º ESO) e terá un carácter preparatorio para os estudos posobrigatorios, polo que poderá cursarse por unha das seguintes opcións:
    • Ensinanzas académicas, para a iniciación ao Bacharelato.
    • Ensinanzas aplicadas,  para a iniciación á Formación Profesional.

A LOMCE organiza a ESO en materias que se dividen en tres bloques:

  • Materias troncais
  • Materias específicas
  • Materias de libre configuración autonómica

          * Esquema Organización ESO (pdf)

Permanencia:

O alumnado poderá repetir, como máximo, dúas veces ao longo de toda a etapa. A repetición nun mesmo curso só poderá realizarse unha vez e, excepcionalmente, dúas en 4º curso, se non se repetiu nos cursos anteriores da etapa.

Continuación de estudos:

O título de Graduada ou Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria permitirá acceder ao bacharelato, á formación profesional de grao medio, aos ciclos de grao medio de artes plásticas e deseño e ás ensinanzas deportivas de grao medio.

BACHARELATO

O Bacharelato forma parte da educación secundaria posobrigatoria, e polo tanto ten carácter voluntario.

Organización:

Comprende 2 cursos académicos e estructúrase en tres modalidades:

  • Artes
  • Ciencias e Tecnoloxía
  • Humanidades e Ciencias Sociais, que se subdivide á súa vez en dous itinerarios:
    • Itinerario en Humanidades
    • Itinerario en Ciencias Sociais

Ademais, a nova configuración curricular establece o agrupamento de materias en tres bloques:

  • Materias troncais
  • Materias específicas
  • Materias de libre configuración autonómica.  

               * Esquema Organización Bacharelato (pdf)

Acceso:

Poderá acceder ao bacharelato, en calquera das súas modalidades, o alumnado que estea en posesión das seguintes titulacións:

  • Título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria (ESO)
  • - Título de técnico de formación profesional
  • - Título de técnico de artes plásticas e deseño
  • - Título de técnico deportivo

Permanencia:

O alumnado poderá permanecer cursando bacharelato, no réxime ordinario, con carácter xeral, un máximo de catro anos.

Promoción:

Conseguirán a promoción ao 2º curso quenes superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo. En todo caso, deberán matricularse en 2º curso das materias pendentes de 1º.

O alumnado que ao termo do 2º curso tivesen avaliación negativa nalgunhas materias poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas, ou optar por repetir o curso completo.

Continuación de estudos:

O título de Bacharelato facultará para acceder ás distintas ensinanzas que constitúen a educación superior:

  • ensino universitario, 
  • ensinanzas artísticas superiores,
  • formación profesional de grao superior,
  • ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior 
  • e as ensinanzas deportivas de grao superior. 

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión