Oferta educativa de ESO e Bacharelato (por modalidades) na Coruña
NORMATIVA:
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) xunto á Educación Primaria conforma o ensino básico, obrigatorio e gratuíto do sistema educativo.
Organización:
Catro cursos académicos (1º, 2º, 3º y 4º de ESO) estructurados en dous ciclos:
A LOMCE organiza a ESO en materias que se dividen en tres bloques:
* Esquema Organización ESO (pdf)
Permanencia:
O alumnado poderá repetir, como máximo, dúas veces ao longo de toda a etapa. A repetición nun mesmo curso só poderá realizarse unha vez e, excepcionalmente, dúas en 4º curso, se non se repetiu nos cursos anteriores da etapa.
Continuación de estudos:
O título de Graduada ou Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria permitirá acceder ao bacharelato, á formación profesional de grao medio, aos ciclos de grao medio de artes plásticas e deseño e ás ensinanzas deportivas de grao medio.
BACHARELATO
O Bacharelato forma parte da educación secundaria posobrigatoria, e polo tanto ten carácter voluntario.
Organización:
Comprende 2 cursos académicos e estructúrase en tres modalidades:
Ademais, a nova configuración curricular establece o agrupamento de materias en tres bloques:
* Esquema Organización Bacharelato (pdf)
Acceso:
Poderá acceder ao bacharelato, en calquera das súas modalidades, o alumnado que estea en posesión das seguintes titulacións:
Permanencia:
O alumnado poderá permanecer cursando bacharelato, no réxime ordinario, con carácter xeral, un máximo de catro anos.
Promoción:
Conseguirán a promoción ao 2º curso quenes superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo. En todo caso, deberán matricularse en 2º curso das materias pendentes de 1º.
O alumnado que ao termo do 2º curso tivesen avaliación negativa nalgunhas materias poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas, ou optar por repetir o curso completo.
Continuación de estudos:
O título de Bacharelato facultará para acceder ás distintas ensinanzas que constitúen a educación superior:
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 14/03/2025 ás 08:30
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible