Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
Bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia
Bolsas de matrícula ordinaria e aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido con pensión completa, para o alumnado que curse as titulacións que impartirá no curso 2024/25 o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).
A quién va dirigido:
Para público en general
Inscripciones:
Hasta el 18/07/2024
Requisitos:
Para as bolsas ordinarias tipo I, bolsas ordinarias tipo II e bolsas de excelencia académica:
Ter nacionalidade española, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Neste último caso requirirase que o/a propio/a estudante ou os seus proxenitores/titores ou representante legal se encontren traballando en España. O alumnado estranxeiro non comunitario deberán acreditar a súa condición de residentes, quedando excluído de concorrer a estas bolsas quen se encontre en situación de estadía.
Ter solicitada a pre-admisión no curso 2024/25 nalgunha das titulacións que imparte o CSHG.
Non ter unha exención de matrícula establecida normativamente.
Para as bolsas para persoas galegas residentes no exterior:
Estar en posesión da nacionalidade española e residir fóra de España.
Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
Estar vinculado/a a Galicia (persoa emigrante nacida en Galicia, persoa emigrante non nacida en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española antes de emigrar, ou ser descendente por consanguinidade dunha persoa nacida en Galicia).
Ter solicitada a pre-admisión no curso 2024/25 nalgunha das titulacións que imparte o CSHG.
Bolsas ordinarias tipo I e bolsas ordinarias tipo II:
Para estudos de grao en Xestión de Empresas Hostaleiras: Acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (ABAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5.
Para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría: Titulación de ciclo medio ou superior na rama da hostalaría, certificado de profesionalidade en cociña ou 6 meses de experiencia laboral en hostalaría.
Bolsas de excelencia académica:
Para estudos de grao en Xestión de Empresas Hostaleiras: Acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (ABAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 8 puntos.
Para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría: Acreditar unha cualificación en ensinanzas de ciclo medio ou superior en Hostalaría igual ou superior a 8 puntos.
Bolsas para persoas galegas residentes no exterior:
Para estudos de grao en Xestión de Empresas Hostaleiras: Homologación do titulo de bacharelato.
Para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría: Acreditar 6 meses de experiencia laboral en hostalaría.
Remuneración / Coste:
Bolsas de nova adxudicación:
Bolsas ordinarias tipo I: desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido.
Bolsas ordinarias tipo II: desconto do 50 % do prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido.
Bolsas excelencia académica: desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido.
Bolsas para persoas galegas residentes no exterior: desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible