Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia

Bolsas de matrícula ordinaria e aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido con pensión completa, para o alumnado que curse as titulacións que impartirá no curso 2024/25 o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 18/07/2024

Requisitos:

  • Para as bolsas ordinarias tipo I, bolsas ordinarias tipo II e bolsas de excelencia académica:
    • Ter nacionalidade española, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Neste último caso requirirase que o/a propio/a estudante ou os seus proxenitores/titores ou representante legal se encontren traballando en España. O alumnado estranxeiro non comunitario deberán acreditar a súa condición de residentes, quedando excluído de concorrer a estas bolsas quen se encontre en situación de estadía.
    • Ter solicitada a pre-admisión no curso 2024/25 nalgunha das titulacións que imparte o CSHG.
    • Non ter unha exención de matrícula establecida normativamente.
  • Para as bolsas para persoas galegas residentes no exterior:
    • Estar en posesión da nacionalidade española e residir fóra de España.
    • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
    • Estar vinculado/a a Galicia (persoa emigrante nacida en Galicia, persoa emigrante non nacida en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española antes de emigrar, ou ser descendente por consanguinidade dunha persoa nacida en Galicia).
    • Ter solicitada a pre-admisión no curso 2024/25 nalgunha das titulacións que imparte o CSHG.
  • Bolsas ordinarias tipo I e bolsas ordinarias tipo II:
    • Para estudos de grao en Xestión de Empresas Hostaleiras:  Acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (ABAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5.
    • Para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría: Titulación de ciclo medio ou superior na rama da hostalaría, certificado de profesionalidade en cociña ou 6 meses de experiencia laboral en hostalaría. 
  • Bolsas de excelencia académica:
    • Para estudos de grao en Xestión de Empresas Hostaleiras: Acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (ABAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 8 puntos.
    • Para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría: Acreditar unha cualificación en ensinanzas de ciclo medio ou superior en Hostalaría igual ou superior a 8 puntos.
  • Bolsas para persoas galegas residentes no exterior:
    • Para estudos de grao en Xestión de Empresas Hostaleiras: Homologación do titulo de bacharelato.
    • Para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría: Acreditar 6 meses de experiencia laboral en hostalaría. 

Remuneración / Custo:

  • Bolsas de nova adxudicación: 
    • Bolsas ordinarias tipo I: desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido.
    • Bolsas ordinarias tipo II: desconto do 50 % do prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido. 
  • Bolsas excelencia académica: desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido.
  • Bolsas para persoas galegas residentes no exterior: desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido.

Páxina web:

www.cshg.gal

Contacto:

Axencia de Turismo de Galicia

Teléfonos de contacto 981 54 25 59 e 981 54 25 93

Correo electrónico: info@cshg.es

Dúbidas durante o proceso de presentación dos formularios por vía electrónica: teléfono de información 012 e correo electrónico 012@xunta.gal 

Publicación: DOG 20/06/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal). Procedementos: 

Bolsas de nova adxudicación e de renovación TU200A

Bolsas de excelencia académica TU200C

Bolsas para persoas galegas residentes no exterior TU200D 

Outorgaranse as seguintes bolsas para o curso 2024/25:

  • Bolsas ordinarias tipo I:
    • 10 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
    • 1 bolsa curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.
  • Bolsas ordinarias tipo II:
    • 15 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
    • 3 bolsas para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.
  • Bolsas excelencia académica (tipo I):
    • 6 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
    • 2 bolsas para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.
  • Bolsas para persoas galegas residentes no exterior (tipo I):
    • 10 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
    • 5 bolsas para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión