Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Acción de verán 2024. Actividades de lecer para maiores de 18 anos (2ª convocatoria)

A Xunta de Galicia puxo en marcha, dentro da Campaña de Verán 2024, un novo programa de actividades dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos co obxetivo de promover un ocio educativo, alternativo e saudable para a mocidade galega. En xullo abre unha 2ª convocatoria de solicitudes unicamente para os programas con prazas dispoñibles.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 01/07/2024

(ata 3 días antes do inicio do programa respectivo)

Horario:

A incorporación realizarase o primeiro día da actividade (xoves ás 17.00 h.) e a saída será o último día da actividade (domingo despois de xantar)

Prezo:

74 € (25% de desconto para titulares de Carné xove e/ou membros de familia numerosa, acolledora ou monoparental: aboarán 55,50 €)

O prezo inclue:

  • Unha programación de actividades de ocio educativo, alternativo, saudable e convivencial, así como o material necesario para o seu desenvolvemento.
  • O aloxamento nun albergue xuvenil ou similar. A asignación de cuartos será de libre disposición.
  • A manutención en réxime de pensión completa.
  • Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, para o caso das persoas con discapacidade que por razón das súas necesidades especiais precisen apoio, disporase de persoal que conte coa formación e experiencia necesarias para atendelas.
  • Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

Requisitos:

  • Persoas residentes en Galicia.
  • Ter os 18 anos ao inicio do programa e non cumprir os 31 antes do seu remate.
  • A solicitude presentarase en liña, no formulario dispoñible na páxina web de Xuventude. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción das solicitudes.
  • As persoas con discapacidade deberán facer constar esta circunstancia no apartado que figura no formulario de solicitude, indicando a porcentaxe recoñecida e o tipo de discapacidade que, de ser o caso, presenta, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisase.

Páxina web:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Contacto:

- Dirección Xeral de Xuventude

Complexo Administrativo San Lázaro (15781 - Santiago de Compostela)

Tel.: 881 999 194 - 881 999 025

correo-e: actividadesmais18.xuventude@xunta.gal

- Xefatura Territorial da Coruña. Servizo de Xuventude e Voluntariado

Espazo Amizar: Rúa Gregorio Hernández, 2-4 (15011 - A Coruña)

Tel.: 881 881 238 - 881 881 239 - 881 881 240 - 881 881 24

Documentos:

Folleto (2 MB)

Unha vez adxudicada a praza, a persoa solicitante recibirá un correo electrónico coas instrucións para o pagamento da cota e coa documentación que debe presentar, cuberta e asinada.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión