Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que puedas estar siempre informado/a.
183 resultados
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, para o período 2025-2026.
Desde el 16/05/2025 hasta el 25/05/2025
O Concello da Coruña presenta a programación das Letras Galegas para este 2025, que encherá as rúas da cidade de música e cultura galega durante tres intensas xornadas, do venres 16 ao domingo 18, ás que haberá que engadir o domingo 25, día no que se celebrará unha conversa moi especial arredor das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025 na Fundación Luís Seoane.
Desde el 09/05/2025 hasta el 10/05/2025
Volve Autobom, a edición de primavera do Autobán, o festival coruñés de cómic autoeditado que un ano máis contará con charlas, obradoiros, actividades formativas e lúdicas en diferentes localizacións da cidade.
Probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde, grupo III, pola quenda de acceso libre e sistema de concurso-oposición.
Desde el 03/05/2025 hasta el 31/05/2025
Presentamos as actividades de maio para o Espazo Xuvenil Naves do Metrosidero. Se tes entre 12 e 30 anos non dubides en anotarte.
09/05/2025
O Ceida organiza este obradoiro co obxectivo de aprender as ferramentas básicas para esbozar un haiku, máxica composición poética xaponesa que conecta co presente e axuda a serenar a alma.
Convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego público temporal para a substitución de persoal Oficial Electricista polo sistema de concurso - oposición.
Atlantic Pride presenta a 4ª edición do Certame de Literatura LGTBIQ+, que organiza en colaboración coa Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña a través do club de lectura QUEERuña para visibilizar as diversidades sexuais e de xénero e vivenciar as experiencias minorizadas de todas as persoas LGTBIQ+.
Proceso selectivo para a provisión en propiedade como persoal laboral fixo, mediante o sistema de oposición dunha praza de auxiliar administrativo/a e mediante concurso-oposición dunha praza de condutor/a.
26 de abril e 16 de xuño de 2025
A Universidade da Coruña convoca as probas específicas de acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, para o curso académico 2025-2026.
resultados 183
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible