Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña
Iniciar sesión

Información Juvenil

coruna.gal

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Campus de Verán

    Inscripciones:

    Hasta el 06/06/2025

    O Club Salesianos Coruña organiza un campus de verán con distintas modalidades deportivas que terán lugar en diferentes quendas dunha semana.

  • 2 bolsas de formación na Axencia de Turismo de Galicia

    Inscripciones:

    Hasta el 16/06/2025

    A Axencia de Turismo de Galicia convoca dúas bolsas de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación da Axencia, para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística.

  • Pavía 1525. 500 años del nacimiento de los Tercios españoles

    Cuándo:

    Desde el 18/05/2025 hasta el 06/09/2025

    El Museo Histórico Militar acoge una exposición con clicks de playmobil: “Pavía 1525. 500 años del nacimiento de los Tercios españoles”

  • Campamentos 2025 en la granja escuela El Kiriko

    Inscripciones:

    hasta cubrir plazas.

    Kiriko Natura ofrece un amplio programa de campamentos de verano, adaptable en fechas y contenidos según las edades de los niños y niñas y sus preferencias.

  • Mañás de verán 2025 no Centro Xuvenil Abeiro

    Inscripciones:

    Hasta el 15/06/2025

    O Centro Xuvenil Abeiro organiza o seu tradicional campamento para as mañás de verán con obradoiros, xogos, actividades de animación á lectura, deportes... que terán lugar nas instalacións de Salesianos en quendas dunha semana nos meses de xullo e agosto.

  • 25 anos do título de Liga do Deportivo

    Cuándo:

    Desde el 19/05/2025 hasta el 24/05/2025

    A Coruña celebrará os 25 anos do título de Liga do Deportivo con numerosas actividades organizadas por colectivos deportivistas, co apoio do Concello da Coruña, baixo o lema "O mellor que me pasou na vida". O acto central desta celebración terá lugar o sábado 24 de maio na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor.

Convocatorias

RRSS Información Juvenil

@MocidadeCoruna en X

@MocidadeCoruna en Facebook

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible