Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Hasta el 06/06/2025
O concello de Miño convoca unha bolsa de emprego na categoría profesional de socorrista, coa finalidade de proceder, no seu caso, á contratación de persoal laboral temporal para cubrir as necesidades deste persoal na inminente tempada de verán 2025.
Desde el 23/06/2025 hasta el 09/09/2025
Desde el 02/06/2025 hasta el 09/06/2025
La Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés ofrece Campamento de verano gratuito para niñas y niños de 4 a 12 años.
05/06/2025
Jornada tecnológica online gratuita para pymes, persoas autónomas y emprendedoras, donde se abordará el uso de la Inteligencia Artificial generativa en tareas de marketing digital, mediante ejemplos de buenas prácticas de aplicación, y el analisis de los errores más comunes en este ámbito, que deben evitarse.
Hasta el 04/06/2025
O concello de A Mezquita convoca proceso selectivo de 5 prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar. O sistema de selección será o de concurso-oposición.
Desde el 06/06/2025 hasta el 26/06/2025
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de xuño. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Hasta el 11/06/2025
Proceso selectivo para o acceso en propiedade a 2 prazas de Delineantes (Servizo de Arquitectura e Servizo de Enxeñería) en quenda libre e polo sistema selectivo de oposición.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible