Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Programa Nocturnia

O programa de lecer saudable NOCTURNIA, que ofrece a Concellaría de Igualdade, Benestar social e Participación Cidadá, co financiamento do Ministerio de Sanidade e Benestar social, concibe un novo uso do chamado tempo libre, entendido como unha vivencia gratuíta e enriquecedora que sempre está contextualizada e relacionada cos nosos valores.

DESCRICIÓN

Será unha fin deste programa fomentar propostas de lecer participativo, socioeducativo, de carácter lúdico e aberto nas que poder aproveitar o potencial educativo do lecer para:

  • Xerar procesos lúdico-educativos que favorezan o desenvolvemento persoal dos mozos.
  • Favorecer o achegamento a novas propostas artísticas, deportivas, formativas, etc., co fin de espertar novos intereses e afeccións.
  • Facilitar o acceso a propostas de lecer alternativo, xerador de hábitos saudables e de vida activa entre a poboación xuvenil.
  • Favorecer a implicación e involucración do tecido asociativo da cidade, así como das entidades de ámbito sociocultural.
  • Fomentar o uso e a optimización dos recursos municipais e equipamentos urbanos.

O programa preséntase, durante o ano, en 2 edicións cunha duración de entre 9 e 10 meses, nas que se ofertan ao redor de 4.000 prazas en actividades multidisciplinares gratuítas para a mocidade.

Durante os meses previos á realización do programa, realízanse convocatorias dirixidas a colectivos, entidades e ao público en xeral a través das distintas canles de comunicación do Servizo Municipal de Xuventude, para que participen na elaboración e deseño da proposta, xerando así un proxecto global de paticipación xuvenil.

As actividades propostas artellan os catro eixos nos que xira o programa: ámbito deportivo, o artístico-cultural, o formativo-tecnolóxico e o lúdico-recreativo.

PERSOAS DESTINATARIAS

O programa Lecer Saudable Nocturnia vai dirixido a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos.

Nas últimas edicións hai unha vontade de desenvolver e reforzar actividades dirixidas especificamente ao tramo que vai desde os 12 aos 17 anos, nas que o modelo de lecer nocturno non está consolidado, dando prioridade á educación para o lecer e creando un abano de posibilidades que lles permita nun futuro diversificar as súas opcións e contar con máis alternativas para o seu tempo libre. Estas actividades concéntranse en horarios máis temperáns ou diúrnos, tratando de conxugalas co seu público obxectivo.

PERÍODO DE REALIZACIÓN

Nocturnia consta de tres edicións repartidas ao longo do ano na forma que se expoñen a continuación:

  • 1ª Edición: de febreiro/marzo a xullo.
  • 2ª Edición: de outubro a decembro.

HORARIO

As actividades de Nocturnia desenvólvense durante a fin de semana, principalmente, en horario de tarde/noite.

CUSTO

O custo é gratuíto para as persoas participantes inscritas previamente nas actividades.

MÁIS INFORMACIÓN

Toda a información do programa pode atoparse en diferentes medios e formatos facilitando o acceso á información a todas as persoas destinatarias.

Información soporte 2.0

Información soporte físico

A cartelaría e folletos do programa está dispoñible en:

  • Centro Municipal de Información Xuvenil.
  • Espazo de Iniciativas Xuvenís.
  • Ágora Centro Sociocultural.
  • Fórum Metropolitano.
  • Rede de Centros Cívicos Municipais.
  • Rede de Bibliotecas Municipais.
  • Pazo dos Deportes de Riazor.
  • Cidade Deportiva da Torre de Hércules.
  • Rede de instalacións Deportivas Municipais.
  • Centros de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Centros de Formación Profesional.
  • Universidade da Coruña.
  • Tecido asociativo da cidade.

ESPAZOS ONDE SE DESENVOLVEN AS ACTIVIDADES

As actividades realízanse en diferentes espazos segundo a súa natureza, co fin de achegar a todos os barrios da cidade as diferentes propostas enmarcadas en Nocturnia.

Algúns dos espazos nos que se desenvolven as actividades son:

  • Ágora Centro Sociocultural.
  • Fórum Metropolitano.
  • Espazo de Iniciativas Xuvenís (EIX).
  • Pazo dos Deportes de Riazor.
  • Cidade Deportiva de Riazor.
  • Polideportiva San Francisco Xabier.
  • Polideportiva Novo Mesoiro.
  • Centro Cívico Os Rosales.
  • Centro Cívico San Pedro de Visma.
  • Centro Cívico Novoboandanza.
  • Biblioteca Infantil e Xuvenil.
  • AC Manicómicos.
  • Espazos urbanos_Praia do Orzán.
  • Espazos urbanos_Praia de Oza.
  • Espazo urbanos_Cidade Vella.
  • Espazos urbanos_parque de Santa Margarita.
  • Espazos urbanos_ Paseo Marítimo.

ENTIDADES COLABORADORAS

Algunhas das entidades que veñen de colaborar nas últimas edicións de Nocturnia son:

  • Asociación Cultural Draco.
  • Asociación Movemento Xove.
  • Asociación Coruñesa de Jugger.
  • Asociación Coruñesa de Skaters.
  • Asociación Cultural Manicómicos.
  • Asociación Cultural Xiradoira.
  • Asociación Cultural Zalaeta.
  • Asociación Cultural Scénica.
  • Asociación A Lupa Lunática.
  • Asociación Cultural Capoeira Coruña.
  • Asociación Quidditch Muggle Dementores Coruña.
  • Colectivo Serial Experiments.
  • Scouts Ahadi.
  • Colectivo Precicla.
  • Asociación Deportiva e Cultural Alquimia.
  • Asociación North Element.
  • Asociación Polbo Ultimate.
  • Club de Esgrima 100Tolos.
  • Sociedade Deportiva As Xubias.
  • Asociación Juan de Lángara.
  • Club de Patín Brigantium.
  • Galicia Rollers.
  • Colectivo Zumba Galicia.
  • Club de Aikido Mancontro.
  • Centro Quérote+.
  • Cruz Vermella Xuventude.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión