Proxectos de dimensión social en temáticas relacionadas coa agricultura e o medio ambiente, a arte e a arqueoloxía, a cultura e a educación, os deportes... en países como a República Checa, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Italia, Letonia, Portugal, Eslovaquia, Suecia, Turquía, Hong Kong, India, Xapón, Laos, Malasia, Nepal, Taiwan, Kenia e México.
Para público en general
Desde el 03/03/2025
ata esgotar as prazas.
A cota de participación é de 110 € (82,50 € no caso de acollerse a algún dos descontos: Carné xove, Carné de familia numerosa, Familia monoparental, Familia de acollida).
Esta cota de participación inclúe os gastos de manutención, aloxamento, os derivados das propias actividades dos campos e o seguro de accidentes e responsabilidade civil. Non inclúe os gastos da viaxe e a cota extra de participación, xa que algúns campos de voluntariado, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade especial, teñen un custo adicional ou cota extra que a persoa voluntaria deberá satisfacer a organización estranxeira á chegada ao campo, salvo indicación contraria.
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Complexo administrativo San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela
Tel. 981 957 115 - 881 999 314
Servizo de Xuventude e Voluntariado na Coruña
Tel. 881 881 238 - 881 881 239 - 881 881 240 - 881 881 241
O programa de Campos de Voluntariado no estranxeiro procede das organizacións internacionais que se integran na Alianza de Organizacións de Voluntariado Europeo, polo tanto a organización dos campos compete ás respectivas organizacións. Non obstante, Galicia participa na Alianza a través da representación do Instituto da Xuventude de España, INJUVE, e a Dirección Xeral de Xuventude traballa como intermediaria entre as persoas voluntarias e a entidade que promove o campo.
Desde el 02/05/2025 hasta el 01/06/2025
Hasta el 28/04/2025
ata as 22:00 h.
Desde el 21/04/2025 hasta el 05/05/2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible