Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
31/05/2025
A IV edición do congreso MEMORIA DIVERSA, promovido pola área de Igualdade da Deputación da Coruña, centra a reflexión sobre os novos e vellos discursos de odio contra o colectivo LGBT. Esta nova edición, terá lugar no Espazo de Intervención Cultural "Normal" da Coruña.
Hasta el 12/06/2025
Proceso selectivo para cubrir 121 plazas de acceso libre en el Cuerpo de Ingenieros Aeronáuticos. El sistema selectivo será por oposición.
Hasta el 17/06/2025
Proceso selectivo, por el sistema general de acceso libre y oposición, para cubrir 44 plazas en el Cuerpo de Ingenieros Técnicos Aeronáuticos.
Hasta el 05/06/2025
a las 10:00 horas.
Proceso selectivo, por oposición, para cubrir 12 plazas para el Cuerpo de Redactores Taquígrafos y Estenotipistas. Del total de las plazas se reservan tres por turno restringido y una para ser cubierta por personas con discapacidad. En caso de que dichas plazas no se cubrieran por estos turnos, incrementarán el turno libre.
Hasta el 02/06/2025
Convocatoria de concurso-oposición para a selección en réxime de interinidade dun posto de Axente de Igualdade.
31/05/2025
O auditorio do Forum Metropolitano acolle a presentación do libro "O Cancioneiro de Cabana". O evento estará presentado por Pablo Díaz Carro e Olga Kirk Martínez e contará cunha actuación musical.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible