Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Desde el 23/05/2025 hasta el 25/05/2025
O Banco de Alimentos Rías Altas busca persoas voluntarias para a Gran Recollida de Alimentos de Primavera que terá lugar os días 23, 24 e 25 deste mes.
Hasta el 23/05/2025 a las 10:00h
La Fundación Mainel lanza una nueva edición de su prestigioso certamen dirigido a jóvenes artistas, con el objetivo de impulsar la creación contemporánea y visibilizar nuevas voces en el panorama artístico nacional. El plazo para presentar obras ya está abierto, y los ganadores podrán optar a interesantes premios económicos y formar parte de una exposición colectiva en Valencia.
Hasta el 19/05/2025
Convocatoria para a provisión en propiedade de sete prazas de bombeiro condutor e bombeira condutora. O sistema selectivo a empregar será o de oposición libre.
Hasta el 21/05/2025
A Consellería de Política Social e Igualdade convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón e do Carballiño no ano 2025.
Hasta el 30/05/2025
hasta las 14:00 h.
La Fundación ”la Caixa” convoca 55 becas para cursar estudios de grado o enseñanzas artísticas superiores en universidades públicas o centros públicos de enseñanza superior en el territorio español destinadas a estudiantes excelentes con escasos recursos económicos que inicien estudios universitarios por primera vez en el curso 2025-2026.
Hasta el 13/05/2025
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca probas que permitan demostrar ter os coñecementos, habilidades e actitudes para a obtención do certificado galego en competencias dixitais (ComDix). Estas probas compleméntanse cos contidos en liña en réxime de autoformación, de uso voluntario, para adquirir os coñecementos de referencia antes de presentarse ás probas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible