Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Desde el 03/06/2025 hasta el 08/06/2025
A (S8) Mostra de Cinema Periférico celebra a súa 16ª edición coincidindo co 60 aniversario da creación do Súper 8.
30/05/2025
O auditorio do Fórum Metropolitano acolle a celebración do vixésimo aniversario do Coro Vocalisse cun concerto de 26 coralistas e un repertorio no que farán un repaso de bandas sonoras de películas.
Hasta el 12/06/2025
80 ayudas para participar en el Aula de Verano «Ortega y Gasset», que se celebrará en la sede de la UIMP de Santander del 11 al 15 de agosto de 2025, con el objetivo de promover las vocaciones científicas y universitarias, impulsando el espíritu investigador en las y los jóvenes.
Desde el 30/06/2025 hasta el 11/07/2025
La Escola ON organiza un campamento de teatro en el que se aprenderán diferentes valores como la empatía, la cooperación y la responsabilidad desarrollando al mismo tiempo creatividad y habilidades comunicativas.
31/05/2025
A Asociación Veciñal Agra organiza un ano máis no Centro Ágora "Ferrados de Letras", un festival de música e poesía para conmemorar o Día das Letras Galegas e homenaxear ás cantareiras e á poesía popular oral.
05/06/2025
ALAS A Coruña organiza esta gala benéfica no Bellini Rooftop. Trátase dun evento solidario que ten como obxectivo recadar fondos para a atención a vítimas de delitos de odio. A gala estará conducida polas artistas audiovisuais Belén Puime e Uxía Vázquez.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible