Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña
Iniciar sesión

Información Juvenil

coruna.gal

Actividades de abril no Espazo Xuvenil O Remanso

O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de abril. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 03/04/2025 hasta el 26/04/2025

Dirección:

Espazo Xuvenil O Remanso. A Coruña

Requisitos:

Idades: de 12 a 30 anos.

Contacto:

Espazo Xuvenil O Remanso 

Avda. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña

Tel.: 621 183 038

Documentos:

Autorización para menores nas actividades do Remanso (PDF) (21 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil O Remanso
  • 621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles un ollo a continuación:

ABRIL

  • 03/04/2025 ás 18:00 h. Xornada de rol: Ten Candlescon Mel, de El gato y el dado. É necesaria a inscrición.
    • Ten Candles é un xogo de rol indie de terror, baseado na narración cooperativa e que utiliza dez candeas para marcar o paso do tempo. Apúntate para vivir esta experiencia misteriosa e divertida.
  • 12/04/2025 e 13/04/2025 de 17:30 a 19.30h. Iniciación á cartomaxia con Abel Caballero. É necesaria a inscrición. 
    • Dúas sesións para inciarse no marabilloso mundo da cartomaxia. Deixa coa boca aberta ás túas amizades cos trucos que aprenderás neste obradoiro.
  • 18/04/2025 de 19:00h a 20:30h. Obradoiro: Estampaxe creativa. É necesaria a inscrición.
    • Un obradoiro moi imaxinativo para deseñar os teus estampados de forma orixinal e creativa. Leva unha bolsa única e persoal feitiña por ti con moito amor.
  • 26/04/2025 de 17:30 a 21:00h. Obradoiro: Pintado de miniaturas, con Xoel Otero. É necesaria a inscrición.
    • Pedíchedelo e aquí está de novo! Segunda edición deste obradoiro, no que aprenderemos a pintar con moita maña as nosas personaxes en miniatura.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible