Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Bolsa de emprego de socorristas para o concello de Miño

    Inscricións:

    Ata o 06/06/2025

    O concello de Miño convoca unha bolsa de emprego na categoría profesional de socorrista, coa finalidade de proceder, no seu caso, á contratación de persoal laboral temporal para cubrir as necesidades deste persoal na inminente tempada de verán 2025.

  • Campamento de verán 2025

    Cando:

    Dende o 23/06/2025 ata o 09/09/2025

    Inscricións:

    Dende o 02/06/2025 ata o 09/06/2025

    A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés ofrece Campamento de verán gratuíto para nenas e nenos de 4 a 12 anos.

  • Como utilizar a IA xenerativa en márketing en liña (e como non facelo), aproveitando o KIT DIXITAL

    Cando:

    05/06/2025

    Xornada tecnolóxica en liña gratuíta para pemes, persoas autónomas e emprendedoras, onde se abordará o uso da Intelixencia Artificial xenerativa en tarefas de márketing dixital, mediante exemplos de boas prácticas de aplicación, e o analisis dos erros máis comúns neste ámbito, que deben evitarse.

  • 5 prazas de Auxiliar Axuda no Fogar do concello da Mezquita

    Inscricións:

    Ata o 04/06/2025

    O concello de A Mezquita convoca proceso selectivo de 5 prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar. O sistema de selección será o de concurso-oposición.

  • Exposición O ouro dos akan. Tesouros reais do África occidental.

    Cando:

    Dende o 14/03/2025 ata o 13/07/2025

    A Fundación Barrié acolle a exposición O OURO DOS AKAN. Tesouros reais do África occidental. A selección comprende todos os tipos de obxecto relevantes do ouro dos akan, desde impoñentes símbolos de status e xoias con filigrana a elegantes tallas, todos eles relacionados coas diferentes casas reais akan.

  • 2 prazas de Delineantes no Concello de Lugo

    Inscricións:

    Ata o 11/06/2025

    Proceso selectivo para o acceso en propiedade a 2 prazas de Delineantes (Servizo de Arquitectura e Servizo de Enxeñería) en quenda libre e polo sistema selectivo de oposición.

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en X

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible