O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de abril de 2025 elaborada arredor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Inclúe a programación especial de Semana Santa.
Para público en xeral
Dende o 01/04/2025 ata o 27/04/2025
Gratis
MUNCYT
Praza do Museo Nacional, 1. 15011 A Coruña
Tel.: 689 578 727
PROGRAMACIÓN EXTRAORDINARIA DE SEMANA SANTA
O museo ofrecerá entre o 12 e o 20 de abril un programa de actividades diarias destinadas a todos os públicos, pero especialmente ao público infantil e familiar que permitan achegarse ao patrimonio científico e tecnolóxico do museo e fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía.
CHARLA: HISTORIA DOS TRAXES ESPACIAIS: DA ESCAFANDRA DE EMILIO HERRERA AOS TRAXES MARCIANOS
Sábado 12 ás 12.00 h (75 min.). Público xeral (idade recomendada, a partir de 10 anos). Entrada libre ata completar a capacidade e retransmisión en directo por YouTube.
TEATRO: ESPECTÁCULO DE MONICREQUES "LÚA QUERE VIAXAR A... MARTE!
Domingo 13 ás 12.00 h (40 min.). Público familiar (a partir de 3 anos). Reserva previa.
VISITA-TALLER: PRESIÓN E BALEIRO CON FÍSICA CÍBORG
Martes 15 ás 12.00 h. Público xeral e familiar (a partir de 10 anos). Reserva previa.
TALLER: XIRA, XIRA PEONZA MIÑA
Sábado 12 ás 12.00 h. Público familiar (8-12 anos), con reserva previa ou en despacho de billetes.
TALLER: BARREIRA LÁSER CON ALARMA DE AUDIO
Sábado 26 ás 12.00 h. Público familiar (8-12 anos), con reserva previa ou en despacho de billetes. Nota: non se inclúe a cesión do material. Cada menor acompañado dunha persoa adulta.
XOGO: XINCANA DIVULGAMING
Sábado 26 ás 17.00 h. Público familiar (8-12 anos), con reserva previa.
TALLER: A PROXECCIÓN SONORA IV
Sábados de abril e maio de 11.30-13.30 h. Actividade con reserva previa. Consultar os requisitos de participación
FINS DE SEMANA
Dende o 02/05/2025 ata o 01/06/2025
Ata o 28/04/2025
ata as 22:00 h.
Dende o 21/04/2025 ata o 05/05/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible