Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Universidade da Coruña convoca 200 bolsas de comedor para o alumnado matriculado no curso 2024/25, coa finalidade de garantir a igualdade de oportunidades de familias con rendas baixas.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
1º prazo: ata o 31/10/2024
2º prazo: do 02/05/2025 ao 15/05/2025
Requisitos:
Alumnado matriculado nun centro da UDC en estudos oficiais de grao ou máster a tempo completo, no réxime presencial e que manteña a matrícula durante todo o curso 2024/25.
As persoas solicitantes deberán cumprir polo menos un dos seguintes requisitos:
a) Estar aloxadas durante todo o curso académico 2024/25 nunha residencia universitaria da UDC, no marco da convocatoria de prazas nas residencias públicas universitarias dos campus de Ferrol e A Coruña para o alumnado da UDC. Deberán estar ao corrente no pagamento dos recibos.
b) Ter concedida unha axuda do plan propio da UDC para alumnado en situación de refuxio do programa ABRIGA, no curso 2024/25.
c) Ter concedida unha axuda da convocatoria da UDC para o alumnado en situacións de dificultades económicas, no curso 2024/25
Remuneración / Dotación:
O importe de cada bolsa é de 500 euros
Esta bolsa é incompatible con calquera outra axuda ou bolsa destinada ao mesmo fin de calquera administración ou entidade pública ou privada
Establécense 2 prazos segundo os requisitos establecidos para as solicitudes das bolsas:
1º prazo: ata as 23:59 h do 31 de outubro de 2024
a) para os/as solicitantes aloxados/as durante todo o curso académico 2024/25 nunha residencia universitaria da UDC
b) para os/as solicitantes que teñan concedida unha axuda do plan propio da UDC para alumnado en situación de refuxio do programa ABRIGA, no curso 2024/25.
2º prazo: do 2 de maio ata as 23:59 h do 15 de maio de 2025 unicamente para os solicitantes que teñan concedida unha axuda da convocatoria da UDC para o alumnado en situacións de dificultades económicas, no curso 2024/25
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible