Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

Curso Básico de Interpretación do Patrimonio

O CEIDA, xunto coa Asociación para a Interpretación do Patrimonio (AIP), levan a cabo un curso básico de Interpretación do Patrimonio en modalidade en liña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 29/04/2025 ata o 01/06/2025

Número de prazas:

20 prazas, por rigurosa orde de inscrición.

Prezo:

  • 95 € (10 % de desconto para persoas asociadas á Asociación para a Interpretación do Patrimonio - AIP).
  • 105 € (para transferencias internacionais).

Requisitos:

É preciso formalizar inscrición previa.

Páxina web:

www.ceida.org

Contacto:

CEIDA

Castelo de Santa Cruz s/n

15179 Liáns - Oleiros (A Coruña)

Tel: 981 630 618

Mail: ceida@ceida.org

O curso está dirixido a todas as persoas que desexen iniciarse no coñecemento e no uso efectivo da disciplina da Interpretación do Patrimonio: xestores de uso público de espazos con interese patrimonial, persoas pertencentes ao ámbito do turismo, guías intérpretes, profesionais da educación ambiental, informadoras/es turísticos, educadores e educadoras en xeral (educación formal e non formal), etc. 

Contidos:

  • UD1. Coñecendo a disciplina. Os tres piares da Interpretación do Patrimonio.
  • UD2. O coñecemento da audiencia e das técnicas interpretativas. O perfil profesional do/a interéprete.
  • UD3. Características da mensaxe interpretativa. A receita da Interpretación do Patrimonio.
  • UD4. Avaliación dos medios interpretativos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible