Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

Curso teórico-práctico para a proteción fronte ao acoso no traballo (15 h)

Este curso, totalmente gratuíto, permitirá, ás persoas participantes, afondar en conceptos de acoso sexual e por razón de sexo, facilitando a identificación de conductas que poden ser constitutivas do mesmo, así como sobre a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo. Organizado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/04/2025 ata o 25/05/2025

Inscricións:

Ata o 23/04/2025

Prezo:

Gratuíto.

Páxina web:

https://aigualdadelaboral.gal/

Contacto:

Aprende ao teu ritmo

O curso estará composto por un módulo teórico e un módulo práctico que combinarán elementos e actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.

O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás pílulas audiovisuais do curso durante todo o período de vixencia do mesmo.

Que inclúe este curso?

  • A normativa en materia de acoso no traballo, con especial referencia ao convenio 190 da OIT
  • Os distintos tipos de acoso que poden darse nunha relación de traballo: acoso sexual, acoso por razón de sexo, acoso discriminatorios (con especial atención ao acoso por razón de sexo e por razón de orientación sexual e/ou expresión de xénero) e acoso moral ou mobbing.
  • As obrigacións das empresas de prevención e protección fronte ao acoso laboral
  • A protección e dereitos das vítimas do acoso laboral

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible