Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

Programa Merlo

A Fundación Ronsel organiza este programa de apoio e acompañamento as persoas galegas retornadas no desenvolvemento dos seus negocios ou actividade profesional.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 02/05/2025

Requisitos:

  • Ser unha persoa emigrante galega retornada a Galicia, ou ser a súa cónxuxe, ou ter unha unión análoga á conxugal, ou ser descendente dunha persoa emigrante galega.
  • Residir en Galicia, e no momento de iniciarse o programa, estar desenvolvendo nesta Comunidade Autónoma unha actividade profesional, negocio ou empresa.
  • Terán preferencias as persoas que non foron beneficiarias do Programa MERLO en anos anteriores, mais poderán inscribirse aquelas que xa o foron.

Remuneración / Dotación:

  • Obradoiro de formación de 4 horas para coñecer o proceso do Mentoría e os seus protocolos de actuación.
  • Un mentor ou mentora ("proceso de matching") asignados en función das características indicadas na súa ficha de inscrición.
  • Asinará, de forma conxunta coas persoas que actúen de mentoras e de mentoring mánager, un "Acordo de Mentoring" no que expresan o seu compromiso de alcanzar, salvo imprevistos sobrevidos xustificados, un mínimo de 6 reunións.
  • Cada matching celebrará un mínimo dunha reunión mensual, cunha duración máxima estimada de 2 horas, durante un período mínimo de 3 meses e máximo de 8 meses, celebrándose a lo menos 6 reunións en calquera dos casos.
  • Pechará o "matching" e participará na análise dos obxectivos acadados, contestando ás enquisas que reciban dende o correo merlo@fundacionronsel.org.
  • Inscrición.

Páxina web:

https://programamerlo.gal/

Contacto:

Fundación Ronsel

Tel.: 698 138 691

merlo@fundacionronsel.org

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible