Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

III Concurso de Banda Deseñada de Humor Demo Pequeno

Demo Editorial e o Museo do Humor Xaquín Marín de Fene convocan unha nova edición do concurso de Banda Deseñada de Humor Demo Pequeno co obxectivo de achegar os escolares galegos ao mundo da banda deseñada, fomentando a súa creatividade desde unha perspectiva humorística.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 18/05/2025

Requisitos:

  • Poderán participar mozos e mozas de 8 a 16 anos, residentes en Galicia. A participación poderá ser a título individual ou por equipos de 2 persoas (guionista + debuxante), nas seguintes categorías:
    • - Infantil: de 8 a 11 anos
    • - Xuvenil: de 12 a 16 anos
  • Os participantes presentarán unha única historia curta de banda deseñada (máximo 1 páxina) ou tira cómica, con enfoque humorísitico e temática centrada nas BIBLIOTECAS como espazos fundamentais para a educación, a cultura, a inclusión, a información... nos que, ás veces, acontecen escenas hilarantes, que provocan risa.
  • A obra deberá ser inédita e orixinal. Presentarase en papel ou cartolina en tamaño 297x210 mm (DIN-A4) ou 297x420 mm (DIN-A3). Non se admitirán fotocopias.
  • Todos os textos que se inclúan na obra deberán estar redactados en galego aínda que tamén se poderán presentar traballos sen texto.

Remuneración / Dotación:

  • Categoría Infantil: 
    • 1º Premio: 100 €, un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial e material de debuxo por valor de 75 € 
    • 2º Premio: un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial e material de debuxo por valor de 50 €.
  • Categoría Xuvenil:
    • 1º Premio: 150 €, un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial e material de debuxo por valor de 100 €
    • 2º Premio: un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial e material de debuxo por valor de 75 €.

Páxina web:

https://fene.gal/museo-do-humor

Contacto:

Museo do Humor Xaquín Marín

Avda. Conces, 20-22 (15500 - Fene, A Coruña)

Tel.: 981 342 400 - 981 341 451

correo-e: museodohumor@gmail.com

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible