Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Probas de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca, para o ano 2025, as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de persoas viaxeiras.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

4 chamamentos para a realización do correspondente exame.

Inscricións:

Diferente prazo para cada chamamento.

Requisitos:

  • Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos de formación no momento de presentar a solicitude:
    • Título de bacharel ou equivalente.
    • Título de técnico, acreditativo de superar as ensinanzas dunha formación profesional de grao medio, sexa cal for a profesión a que se atope referido.
    • Título de técnico superior, acreditativo de ter superado as ensinanzas dunha formación profesional de grao superior, sexa cal for a profesión a que se atope referido.
    • Calquera título acreditativo de superar unhas ensinanzas universitarias de grao ou posgrao.
  • Ter residencia habitual en Galicia.

Páxina web:

http://conselleriadepresidencia.xunta.gal

Contacto:

Dirección Xeral de Mobilidade

San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela  

Email: formacion.transportes@xunta.es

Teléfono 881 99 50 53 

Publicación: DOG 26/11/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento IF312A

Calendario. Os exercicios terán lugar nos períodos abarcados entre:

  • 1º período: entre o 24 de febreiro e o 4 de abril de 2025. Prazo de solicitude: do 27 de novembro de 2024 ao 24 de xaneiro de 2025.
  • 2º período: entre o 26 de maio e o 4 de xullo de 2025. Prazo de solicitude: do 25 de xaneiro ao 21 de abril de 2025.
  • 3º período: entre o 1 de setembro e o 4 de outubro de 2025. Prazo de solicitude: do 22 de abril ao 15 de xullo de 2025.
  • 4º período: entre o 17 de novembro e o 19 de decembro de 2025. Prazo de solicitude: do 16 de xullo ao 24 de outubro de 2025.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión