Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A educación de persoas adultas ten a finalidade de lles ofrecer ás persoas maiores de dezaoito anos a posibilidade de adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o seu desenvolvemento persoal e profesional. As persoas adultas poden realizar as súas aprendizaxes tanto por medio de actividades de ensino, regrado ou non regrado, como a través da experiencia laboral ou en actividades sociais, polo que se tenderá a establecer conexións entre ambas as vías e adoptaranse medidas para a validación das aprendizaxes así adquiridas.
Ensinos secundarios: modalidade presencial, semipresencial e a distancia con titorías telemáticas. Conducentes ao títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
Bacharelato: modalidade presencial, a distancia semipresencial, a distancia con titorías telemáticas.
Acreditación de competencias: o obxectivo da acreditación de competencias é o de recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais. A acreditación de unidades de competencia farase sobre os títulos de formación profesional.
OUTRAS OFERTAS:
Aula Mentor: formación aberta, libre e a distancia a través de internet, promovida polo Ministerio de Educación e a Consellería de Educación. Ofrece un gran número de cursos de temática variada: informática, administración, saúde, medios audiovisuais...
Formación profesional ocupacional: trátase de formación non regrada dirixida principalmente a persoas en situación de desemprego, creada para a reinserción laboral.
Competencias clave: requisitos formativos que asegurán que as persoas posúen os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento os cursos correspondentes aos Certificados de Profesionalidade. Estas competencias clave comprenden un conxunto de contidos xerais de formación básica en diferentes áreas de coñecemento: lingua galega, lingua castelá, linguas estranxeiras, matemáticas, ciencia, tecnoloxía, dixital.
Formación profesional continua: formación non regrada dirixida ás persoas que están a exercer unha actividade laboral (traballadoras ocupadas).
Procedemento de Recoñecemento de Experiencia Profesional: procedemento que lles ofrece unha oportunidade ás persoas non vinculadas ao sistema educativo, que aprenderon a través da práctica profesional ou a través de cursos non "oficiais", para que poidan demostrar os seus coñecementos e capacidades, mediante un proceso de asesoramento e avaliación, no que se comprobará a súa competencia profesional en relación coas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible