Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
É a presentación breve e ordenada das túas principais experiencias académicas e laborais. O seu obxectivo é dar a coñecer o teu perfil profesional e conseguir unha entrevista de traballo. En orientación laboral diranche como melloralo, pero aí van uns consellos:
En primeiro lugar, deberás definir cal é o teu perfil profesional, é dicir, o conxunto de coñecementos, habilidades ou "softs skills" e experiencia que tes. Para axudarche neste proceso, podes utilizar as seguintes ferramentas:
Un CV debe ser claro, conciso, concreto e cunha estrutura que facilite a súa lectura.
Utiliza palabras clave. As palabras clave son termos específicos relacionados co teu traballo e que as empresas buscan nos currículos para identificar candidaturas.
Na experiencia profesional describe cales foron os teus logros ou os teus desempeños en postos anteriores. Sempre é mellor utilizar verbos de acción.
Lembra que o CV sempre debe esta adaptado ao posto de traballo ao que se opta.
Redacta un currículo completo, que recolla toda a túa vida laboral e as competencias adquiridas, e baseándote nel, prepara currículos para cada oferta de traballo.
Coida a presentación destes documentos e revisa a ortografía antes de envialos.
Se non se ten moita experiencia de traballo ou ningunha, débese describir calquera experiencia de voluntariado, estudos ou intercambios no estranxeiro, prácticas e outras habilidades que teñas.
Currículo web: Utiliza as ferramentas que che ofrece Internet para crear un CV que poderás xestionar, actualizar ou compartir facilmente a través das redes sociais ou correo electrónico. Podes utilizar
Que é o Europass?
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible