Charlas e debates
Para público en xeral
Todos os públicos
04/03/2020
Entrada libre ata completar a capacidadeXa rematou
de 19.00 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Actividade enmarcada dentro do ciclo temático "Realidades invisibles" co que queremos concienciar, visibilizar e contribuír a paliar os retos que ten a nosa sociedade, todos eles recollidos nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
ODS núm. 3: Garantir unha vida sa e promover o benestar para todas/os e todas as idades
Desexar ter un fillo e non poder alcanzar ese desexo de modo espontáneo é unha fonte de tensión e angustia, o obxectivo desta charla é axudar a resolver as dúbidas que poidan xurdir arredor destes procesos e dese modo intentar que este camiño, que con frecuencia é longo, sexa o menos dificultoso posible.
Segundo os estudos epidemiolóxicos a esterilidade afecta a unha de cada seis parellas en idade reprodutiva e esta cifra está a experimentar unha evolución crecente.
Que é a esterilidade? É o mesmo a esterilidade que a infertilidade? Cales son os principais factores que afectan a esta evolución crecente? Cando debo consultar a un especialista? En que consiste un estudo básico de esterilidade?
Estes son algúns dos puntos básicos que trataremos. Falaremos da idade como unha das principais causas de esterilidade: idade reprodutiva social fronte a idade reprodutiva biolóxica.
Trataremos temas tan en auxe como a preservación de fertilidade ou a doazón de ovocitos, expoñeremos os seus puntos a favor e en contra.
Patricia Buyo, a encargada desta charla, é médica especialista en xinecoloxía e obstetricia, na actualidade traballa no CHUAC e desde hai ano e medio con dedicación preferente na Unidade de Reprodución Humana.
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónActividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible