Charlas e debates
Persoas adultas
+ 18 anos
22/11/2019
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
de 19 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981184388
Aventúrate a descubrir un novo tema de interese, a ampliar información e contrastar ideas, coñecementos e opinións arredor de temas de actualidade ou de interese xeral
Dentro do Ciclo #BibliotecaEnAcción, que se desenvolve durante o mes de novembro, levaremos a cabo unha serie de charlas divulgativas sobre temas de actualidade e de interese. Este ano centrámonos no tema da (IN)FERTILIDADE.
O doutor Roque Devesa Hermida formouse nos mellores centro médicos de ámbito nacional. Especialista en obstetricia, xinecoloxía e reprodución asistida, foi responsable, Xefe de Unidade e de Servizo en múltiples hospitais importantes e ten máis dun centenar de artigos publicados en revistas da súa especialidade.
Na súa charla abordaranse distintas maneiras posibles para a concepción dunha crianza.
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible