Coñece outros clubs de lectura nas Bibliotecas Municipais
Clubs
Xuvenil
De 12 anos a 15 anos.
Dende o 24/08/2022 ás 12:00 ata o 31/08/2022 ás 13:00 , os mércores
Xa rematou
Dende o 17/06/2022 ata o 24/08/2022
Require inscrición
De 12.00 a 13.00 h
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
981184390
Club de lectura dirixido á mocidade de 12 a 15 anos.
A nosa proposta para este verán é adicar algo do tempo de lecer á lectura e a atoparnos con persoas que tamén desfruten con ela.
Xuntarémonos os mércores de xullo e agosto con propostas de lecturas quincenais, porque sabemos que nas vacacións é probable que nos ausentemos algúns días.
Pódeste apuntar a unha, varias ou todas as quincenas.
Nesta ocasión falaremos de Memoria do silencio, de Eva Mejuto, novela que conta un episodio pouco coñecido da historia de Galicia durante a II Guerra Mundial.
Podes pasar pola biblioteca a recoller o teu exemplar ou descargalo na plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLe.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible