Outras actividades
Docente/Centro escolar
27/01/2022
Xa rematou
Actividade pechada para centros educativos.
11.00 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
Conto en movemento inclusivo co gallo do X Aniversario da Biblioteca Municipal Ágora en colaboración co Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña
Con motivo da celebración 10º Aniversario da Biblioteca Municipal Ágora, presentamos unha adaptación especial da obra de Lewis Carroll "Alicia no país das marabillas".
Da man das bibliotecarias, da mestra e bailarina Yolanda Pérez e en colaboración co alumnado do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña, gozaremos da música, da danza e das diferentes formas de expresión que se poden empregar para interpretar un conto. Cunha lectura adaptada e en voz alta da obra clásica Lewis Carroll e das escenas danzadas, descubriremos o corpo como ferramenta universal para romper barreiras e comunicarnos máis alá das palabras.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible