Concertos e recitais, Talleres
Xuvenil
De 14 a 18 anos
19/04/2023
Xa rematou
Dende o 12/04/2023 ata o 19/04/2023
Require inscrición
de 18:00 a 20 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
bduranloriga@coruna.gal
981184388
Baixo o lema “Un libro ao teu carón: festa do libro 2023”, as bibliotecas municipais organizan un completo calendario para celebrar o Día do Libro, a semana previa ao 23 de abril, permitindo participar á veciñanza dos seus barrios en roteiros, obradoiros ou conversas con persoas que teñen moito que dicir dos libros.
Poñemos as línguas a punto con Lúa Mosquetera!
Coñecida polos seus versos reivindicativos e feministas, a poetisa Lúa Mosquetera, autora de diversos poemarios e novela, combina o seu labor como escritora coa participación nas competicións Slam Poetry e concertos nos que recita a súa obra acompañada por música en vivo.
Teremos a Lúa Mosquetera na Biblioteca Durán Loriga, xunto co guitarrista Pablo Seijas para dar renda solta aos miolos nun faladoiro sobre creación artística co gallo do Festival dos Libros.
Esperámoste!
E se queres máis información podes vir preguntar á Biblioteca Durán Loriga, chamarnos por teléfono (981 184 388) ou escribirnos ao noso correo (bduranloriga@coruna.gal).
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible