Talleres
Infantil, Xuvenil
De 8 a 12 anos
18/03/2020
Xa rematou
Dende o 11/03/2020 ata o 18/03/2020
Require inscrición
De 18.30 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Obradoiro enmarcado dentro do Ciclo Temático "Realidades invisibles" co que queremos concienciar, visibilizar e contribuír a paliar os retos que ten a nosa sociedade todos eles recollidos nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Este será un obradoiro de experimentación práctica e dinámica grupal arredor dos seguintes eixes:
- Está ben ser diferente, unha ctividade lúdica a partir de cancións de RAP.
- Espazo de Bo Trato
- A zona segura cun xogo de estratexia
O obradoiro será impartido por Alba García Abad, técnica do Proxecto Xuvenil de Seguridade na internet. Conta ademais cunha grande experiencia con nenas/os e adolescentes en asociacións infantís e xuvenís.
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible