Talleres
Para público en xeral
Dirixido a público interxeracional de 6 a 100 anos.
19/04/2022
Xa rematou
Dende o 12/04/2022 ata o 19/04/2022
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.00 horas
1,5 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático "De meu, de teu, de seu: a importancia da convivencia interxeracional na sociedade".
O martes 19 de abril ás 18:30 h. temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano un Obradoiro de creatividade manual dirixido a público interxeracional de 6 a 100 anos.
Baixo a tutela da responsable do obradoiro "Manualidades creativas", que se imparte dentro do Programa Lecer do Fórum, Chari Maquieira, levaremos a cabo unha sesión do obradorio no espazo da biblioteca na que convivirán as alumnas habituais cun público infantil dende unha óptica de aprendizaxe e intercambio de coñecemento ao mesmo nivel.
O obxectivo do obradoiro é aproveitar o material cotiá que temos nas nosas casas e darlle un aire renovado, ao mesmo tempo que se aprenden técnicas de manualidades relacionadas con infinidade de materiais como: teas, papel, envases, cristal, madeira e se comparte tempo e saberes con outras persoas. En definitiva se o teu é a creatividade ou non, pero tes ganas de aprender e pasar unha tarde do máis entretida este é o teu obradoiro, non esquezas traer unha camiseta, bolsa de tea ou calquera outro obxecto que queiras personalizar.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible