Outras actividades
Persoas adultas, Xuvenil
+ 16 anos
23/04/2018
Xa rematou
18 horas
Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 3, 3º. 15002 A Coruña
981184382
Orzamentos participativos. Encontros abertos de debate e achega de propostas
Por terceiro ano, os veciños e as veciñas da Coruña propoñemos e decidimos de xeito directo en que proxectos se emprega unha parte do orzamento municipal.
A través desta ferramenta escollemos a que destinar 3 millóns de euros: 2 millóns de euros repartidos a partes iguais entre os 10 distritos (200.000 € para cada un) e 1 millón de euros para propostas dirixidas ao conxunto da cidade.
Na primeira fase, de presentación de propostas (do 18 de abril ao 14 de maio), realizarase na biblioteca de Monte Alto un encontro de debate e achegas de propostas aberto a toda a cidadanía, para falar das necesidades dos distritos e da cidade.
Participa nesta xuntanza. Achégate!
Máis información: Orzamentos participativos
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible