Charlas e debates
Persoas adultas
+ 14 anos
07/05/2024
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
18.30h
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981 184389
Seguimos coa nosa Primavera literaria 2024 cunha conversa con Xosé Monteagudo. Un ciclo de encontros na Biblioteca Os Rosales dirixidos tanto aos tres clubs de lectura, Café con libros, como ao resto da poboación do barrio e da cidade. Aínda que promovemos e asistimos á variada oferta literaria da cidade ao longo do ano, sempre é unha motivación extra para todas, contar con autoras e autores na nosa propia Biblioteca e/ou con actividades específicas dirixidas ás lectoras fieis de Café con libros.
Coincidindo co mes das Letras Galegas, Xosé Monteagudo conversará cos clubs de lectura arredor da súa obra Vémonos mañá, unha novela baseada na historia real de Josefina Arruti e de Bibiano F. Osorio-Tafall. Unha historia de loita e represión que é preciso coñecer e recoñecer, con todos os seus matices e dos que falaremos apaixonadamente, iso seguro.
XOSÉ MONTEAGUDO (Moraña, 1965) é autor de varias novelas. Todo canto fomos, foi recoñecida en 2017 co Premio San Clemente e co Premio Gala do Libro Galego, converténdose nunha das novelas de maior éxito da literatura galega recente. Algunhas das súas obras foron traducidas ao castelán. Ademais da súa actividade como novelista, tamén imparte cursos e obradoiros de narrativa e dirixe o Club de Escritura da Fundación Euseino?
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible