Con esta mostra a Biblioteca de Estudos Locais quere conmemorar o cen aniversario de dous monumentos situados nos Xardíns de Méndez Núñez:
As pezas que poden verse nesta mostra recordan a vixencia e actualidade do pensamento destas dúas mulleres, tan adiantadas ao seu tempo, que levantaban a súa voz contra unha situación contra a que, aínda hoxe, debemos seguir loitando con actos diversos de rexeitamento como o de "A Coruña en negro" co que, nestes días, téntase concienciar sobre a necesidade de loitar contra os actos de violencia machista.
Concepción Arenal
Concepción Arenal adicou a súa vida a traballar polos máis desfavorecidos. Entre eles, as mulleres eran un colectivo, sen apenas dereitos. Ela mesma tivo que disfrazarse de home para poder acudir á Universidade. A súa loita pola igualdade segue aínda de actualidade.
Emilia Pardo Bazán
Emilia Pardo Bazán, tamén loitou polos dereitos da muller. De feito, é moi fácil atopar nas súas novelas e ensaios a cuestión feminista. Destas novelas e ensaios a biblioteca conserva primeiras edicións como a de Morriña que se pode contemplar na exposición
Ven ver de preto estes materiais
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible