Como cada ano, e como cada día, sumámonos a esta iniciativa de honra das nosas Letras e da nosa lingua.
Por iso, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais temos preparada unha escolma de materiais que che permitirán achegarte á figura de Filgueira Valverde, ese ilustre polígrafo galego, para moitos, un dos últimos escritores que cultivou todos os xéneros literarios e que traballou as máis diversas áreas da cultura.
Pero tamén faremos unha solta de libros en todas as bibliotecas; recomendaremos, cada día, materiais en galego para que descubras e poderás levar en préstamo tantos materiais na nosa lingua como ti queiras!
Se che presta ler en galego fai que se entere todo o mundo:
Elixe a túa
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible