Imaxe do proxecto "Xénero e feminismos"
As bibliotecas son institucións consideradas fundamentais para acadar os 17 obxectivos de Desenvolvemento Sostible da nova Axenda 2030 das Nacións Unidas:
Partindo destes dous obxectivos, desenvólvese este proxecto que permitirá levar a accións que melloren o acceso e a difusión da información sobre temas como feminismos, violencias, diversidades afectivo sexuais... e, ademais, colaborar nunha educación inclusiva na nosa cidade. Por este motivo e porque as políticas de igualdade e diversidade son prioritarias e, polo tanto, deben ser transversais e impregnar todas as outras políticas, as BMC desenvolvemos este proxecto denominado "Xénero e Feminismos nas BMC".
En que consiste?
Nunha serie de accións que se desenvolverán a partir do día 6 de marzo de 2018 e que dan resposta á crecente demanda cidadá de información e debate sobre temas relacionados cos feminismos, as violencias machistas e as diversidades afectivo sexuais, todos eles tratados dende múltiples enfoques: económico, político, histórico, sociolóxico... Proxecto que, ademais, este ano 2018 se concreta na constitución dunha colección especializada, en forma de centro de interese na Biblioteca Ágora, con máis de 500 documentos relacionados cos temas mencionados e a programación de dúas actividades ao largo do ano: exposición sobre mulleres científicas chamada "Muller tiña que ser" e ciclo de cine de xénero "Purplewatching".
Cales son os obxectivos?
Liñas estratéxicas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible