As Bibliotecas Municipais iniciamos, máis outro ano, a campaña Verás que verán, dirixida a todos os públicos, os meses de xullo e agosto.
Ao longo deste par de meses estivais levaremos a cabo accións e actividades para todos/as vós e coas que poderedes gozar moito máis esta estación do ano:
ACTIVIDADES
PARA PÚBLICO XUVENIL (12/15 anos)
Club de lectura "Verás que verán"
Onde: Biblioteca Municipal Castrillón
A nosa proposta para este verán é adicar algo do tempo de lecer á lectura e a atoparnos con persoas que tamén desfruten con ela a través duns gorentosos encontros literarios. Xuntarémonos os mércores de xullo e agosto con propostas de lecturas quincenais. Pódeste apuntar a unha, varias ou todas as quincenas.
PARA PÚBLICO INFANTIL (maiores de 7 anos)
Campus de verán BiblioTECH: Deseño e impresión 3D
Onde: Biblioteca Municipal Durán Loriga
Aprende e crea os teus propios deseños 3D dunha forma moi divertida e práctica no noso campo tecnolóxico de verán!
PARA TODOS OS PÚBLICOS
Libros, cámara...acción: verás que verán
Onde: Biblioteca Municipal Os Rosales
As persoas que nos visiten durante o verán poderán ofrecernos as súas recomendacións lectoras!
ESPAZOS DE LECER
PARA TODOS OS PÚBLICOS
Biblioterraza
Onde: Biblioteca Municipal Castrillón
Na biblioteca do Castrillón atoparás un espazo sensacional para gozar da lectura este verán.
MOSTRAS BIBLIOGRÁFICAS
PARA PÚBLICO ADULTO
Exploradores e exploracións
Onde: Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano
Sinte a aventura correr polas túas veas a través desta selección bibliográfica!
Elisa e Marcela
Onde: Biblioteca Municipal de Estudos Locais
Coñecidas por casar entre elas en 1901 na Coruña, convidámoste a afondar na figura destas dúas mestras excepcionais e iconas do colectivo LGTB+.
Destapando personaxes
Onde: Biblioteca Municipal Durán Loriga
Seleccionamos os que, para nós, son algúns dos personaxes máis valentes, máis inspiradores, máis entenrecedores, máis divertidos e máis idealistas dos libros que lemos. En definitiva, personaxes que por unha cousa ou outra nos marcaron. Vale a pena coñecelos!
PARA PÚBLICO INFANTIL
Imos de festa!
Onde: Biblioteca Municipal Sagrada Familia
Mostra coa temática de feiras, festivais e verbenas. Os libros e materiais incluídos nela serán sobre festas e diversión.
Verás que verán na biblioteca Os Rosales
Onde: Biblioteca Municipal Os Rosales
Escolma sobre os libros incluídos na nosa guía de lectura "Verás que verán 2022".
GUÍAS DE LECTURAS
Onde: accesible en liña.
FESTILOTES
Onde: Biblioteca Municipal Sagrada Familia
Temos 6 festilotes de 0-5 anos e 6 lotes de 6-8 anos que acompañan as lecturas que podes atopar na mostra bibliográfica Imos de festa!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible