Charlas e debates
Para público en xeral
Todos os públicos
05/02/2020
Entrada libre ata completar a capacidadeXa rematou
de 18.30 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
bforum@coruna.es
981184298
Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático "Realidades Invisibles" co que queremos concienciar, visibilizar e contribuir a paliar os retos que ten a nosa sociedade todos eles recollidos nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
ODS nº 10: Reducir a desigualdade entre e nos países.
Camiñantes do medo fala de persoas, coma ti ou coma min, que nunca pensaron emprender unha longa viaxe, pero que tiveron que facelo. As realidades das que foxen, retumban nos telexornais en clave numérica. Humanos, sós ou en familia, que se desprazan lonxe das súas casas para pedir refuxio en países e condicións tan diversas coma eles mesmos.
Un momento multisensorial para reflexionar, preguntar e entender un pouco mellor a partida, as motivacións, as viaxes e as chegadas do que tendemos a chamar ¿o outro¿.
Tempo para relatar historias de cambio e superación, historias que cruzan mares e fronteiras, onde os retos impostos polos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable ( ODS) toman nome e apelidos.
Charla a cargo de Leticia Santaballa experta en Cooperación Internacional, Desenvolvemento local, Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria.
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónActividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible