Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Concerto de guitarra clásica solista, interpretado por Almudena de Blas Balado.

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

19/07/2024

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

19.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

Achégate a gozar da música en directo na Biblioteca Ágora e aproveita para botarlle un ollo á selección musical!

O venres 19 de xullo ás 19.00 horas terá lugar na sala de persoas adultas da Biblioteca Ágora un concerto de guitarra clásica solista, interpretado pola coruñesa Almudena de Blas Balado, alumna na actualidade do Conservatorio Superior de Música de Castela e León (COSCYL).

Programa concerto

  • J. S. Bach, Suite 995: Allemande y Sarabande.
  • J. K. Mertz, Bardenklänge, Op. 13: Liebeslied (Canción de Amor), Elfenreigen (Danza de los Elfos) y Tarantelle.
  • Fernando Sor, Fantaisie Élégiaque, Op. 59.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión