Charlas e debates
Persoas adultas
09/10/2020
Xa rematou
01/10/2020
Capacidade limitada. Require inscrición
19h
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
#culturaLGTB, LGTB, corufest2020, bibliotecas, librosvivintes
O especial “Libros Vivintes Corufest” ten a súa base nun libro humano de carne e óso que terás oportunidade de escoitar nun lugar seguro para a reflexión e o diálogo.
Patrick Dopico, animador cultural e activista trans, compartirá a súa historia de vida nunha conversa enfocada a reducir prexuízos, fomentar o entendemento e coñecer a realidade do activismo trans na cidade a través do colectivo AmiZando.
Queres saber ...
En que consisten os Libros viventes?
Libros viventes é unha iniciativa da Biblioteca Ágora pensada para lle dar a coñecer ao alumnado dos centros de secundaria da contorna as historias de vida de veciños e veciñas seus, a partir das que podemos reforzar o traballo en valores e o desenvolvemento persoal de mozos e mozas dentro e fóra das aulas.
O procedemento de traballo é simple. Facemos unha selección previa de diferentes persoas da Coruña, gravamos as súas historias de vida e dámoslle forma de relato a parte desa historia e trasladámoslles os resultados aos alumnos e alumnas dos IES participantes.
Son eles/elas quen escollen individualmente cal das historias queren coñecer, cal Libro vivente queren descubrir, para o que nunha data determinada facilitamos o encontro entre as persoas protagonistas de cada relato e os/as mozas que os leron.
Deste xeito, os Libros viventes preséntanse como un método innovador para promover o diálogo, reducir os prexuízos, fomentar o entendemento entre as persoas e promover o intercambio de historias que, noutras circunstancias, non se podería compartir.
As principais características do proxecto son a súa simplicidade e enfoque positivo.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible