Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Concurso Escolar Nacional "Vivir, Sentir e Contar a Democracia: España en liberdade. 50 anos"

    Inscricións:

    Ata o 31/05/2025

    O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca o Concurso Escolar Nacional "Vivir, Sentir e Contar a Democracia: España en liberdade. 50 anos", co obxecto de recoñecer e premiar os traballos do alumnado que contribúan á valoración da democracia como forma de organización social e política e ao coñecemento e fortalecemento dos dereitos e liberdades sobre os que se articula a convivencia en España, así como a mostrar o rexeitamento ás ditaduras e a calquera forma de opresión e negación das devanditas liberdades democráticas.

  • Praza de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde, da USC

    Inscricións:

    Ata o 07/05/2025

    Probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde, grupo III, pola quenda de acceso libre e sistema de concurso-oposición.

  • Actividades de maio nas Naves do Metrosidero

    Cando:

    Dende o 03/05/2025 ata o 31/05/2025

    Presentamos as actividades de maio para o Espazo Xuvenil Naves do Metrosidero. Se tes entre 12 e 30 anos non dubides en anotarte.

  • Obradoiro de Iniciación ao Haiku

    Cando:

    09/05/2025

    O Ceida organiza este obradoiro co obxectivo de aprender as ferramentas básicas para esbozar un haiku, máxica composición poética xaponesa que conecta co presente e axuda a serenar a alma.

  • Bolsa de emprego de persoal oficial electricista da Mancomunidade de Concellos do Tambre

    Inscricións:

    Ata o 07/05/2025

    Convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego público temporal para a substitución de persoal Oficial Electricista polo sistema de concurso - oposición.

  • Bolsas Santander Excelencia 360º 2025

    Inscricións:

    Ata o 15/05/2025

    O Banco Santander, co ánimo de promover o mérito académico e a participación activa na vida universitaria, convocan bolsas de excelencia para o alumnado matriculado en universidades españolas.

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en X

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible